A TEORÍA DE LAMARCK:
A teoría de Lamarck, proposta en 1809, baséase nas seguintes premisas:
1. Os organismos son guiados a través da súa existencia por unha forza innata e misteriosa que lles permite sobrepoñerse á adversidade do medio.
2. O medio actúa como unha "forza modificadora" sobre os organismos, impoñendo necesidades que fan xurdir novos órganos e funcións.
3. O "uso e desuso das partes": o desenvolvemento dos órganos e a súa actividade están en relación constante co uso que deles se faga. Se un órgano é utilizado, entón crece e faise máis eficiente. Pola contra, pode dexenerar e atrofiarse.
4. A herdanza dos carácteres adquiridos: o que se adquiriu, imprimido ou modificado na organización dos individuos durante o curso da súa vida, é conservado e trasmitido aos seus descendentes.
De acordo con este esquema a evolución podería ser máis ou menos como segue. Supóñase que un determinado animal ancestral co colo curto se alimentaba con follas de árbore (unha especie de xirafa prehistórica). A medida que consumía as follas inferiores da árbore estiraba o colo para alcanzar as de máis arriba. Debido a este estiramento continuado ao longo de toda a vida, o colo volveuse algo máis longo e entón os descendentes herdaban un colo algo máis longo. Estes á súa vez alimentábanse das follas das árbores e seguían estirando os seus colos; e isto seguiría durante moitas xeracións. Co tempo chegou a formarse un animal co colo moi longo, semellante a unha xirafa actual. Así era como Lamarck explicaba a súa teoría.
Esta teoría (nalgúns aspectos incontrastable) tivo grande éxito e contribuíu á expansión da idea da evolución. Pero co tempo resultou insostible. É correcto que o uso e desuso conduce á adquisición de carácteres. Por exemplo, é de todos coñecido que o exercicio desenvolve músculos poderosos. Non obstante Lamarckequivocouse ao supoñer que estas variacións adquiridas (non xenéticas) son herdables. Os carácteres adquiridos non son herdables xa que son efectos producidos polo ambiente e o desenvolvemento, non polos xenes. Só son herdables os carácteres xenéticos e só se estes carácteres están presentes por xenes presentes en células reprodutoras. O que aconteza a outras células que non sexan as gametas, a causa do uso e desuso, ou por outras causas, non afecta aos xenes das gametas. Por conseguinte, a pesar de que Lamarck observou os efectos do uso e desuso correctamente nalgúns casos estes efectos non poden ter un papel na evolución.
A teoría de Lamarck supuxo un gran avance nas ideas evolucionistas, xa que foi a primeira teoría evolucionista que se formulou na historia.
Exemplo da evolución segundo Lamarck
A TEORÍA DE DARWIN
O ano en que Lamarck publicou a súa teoría -1809- foi tamén o ano en que naceu Charles Darwin. Durante a súa xuventude, Darwin emprendeu unha viaxe de cinco anos de duración arredor do mundo, como naturalista na expedición do barco H. M. S. Beagle. Durante ela, fixo innumerables observacións e recolleu un gran número de plantas e animais distintos en moitas partes do mundo. Logo pasou case vinte anos examinando e estudando os datos obtidos. No curso deste traballo encontrou probas para certas xeneralizacións. Outro naturalista, Alfred Rusell Wallace, chegou basicamente ás mesmas conclusións independentemente, as cales comunicou a Darwin.
En 1858 Darwin e Wallace enunciaron unha nova teoría que substituíu a de Lamarck. Darwin tamén elaborou a nova teoría en forma de libro. Este famoso traballo, titulado "Sobre a orixe das especies mediante selección natural ou a conservación das razas favorecidas na loita pola vida" foi publicado en 1859.
En esencia, a teoría de Darwin baséase nalgunhas observacións, e en conclusións extraidas a partir delas.
Darwin sabía que a superprodución de descendentes é a regra xeral na natureza e que só uns poucos adoitan sobrevivir. Entón pregúntase: En que se diferencian os superviventes dos que perecen? Teñen características distintas, ou é o azar o que determina os que sobreviven e os que morren precozmente? É puro azar ou trátase dun proceso dirixido cuxas causas poden ser determinadas? Moitos son presa dos seus inimigos, outros non conseguen suficiente alimento, non encontran acubillo ou, sinxelamente, son desbancados polos seus propios conxéneres. Pero e os que sobreviven? Acaso son máis veloces, están máis camuflados que os demais, son menos vulnerables ás enfermidades, aproveitan mellor o seu alimento, ou teñen mellor olfacto e poden detectar o inimigo, ou as súas presas, antes que outros membros da súa mesma especie? Cando a numerosa descendencia se enfronta ás condicións do medio, xeralmente serán os "mellores", os "máis aptos" os que logren sobrevivir. Nisto consiste precisamente expresión "loita pola supervivencia", que ocasiona a "supervivencia dos máis aptos", dos mellor adaptados ao ámbito.
Así pois, Darwin observa que na natureza se produce unha selección análoga ao proceso da selección artificial que efectúa o criador de animais; a selección dos máis aptos, dos máis capacitados, que está determinada polas condicións ambientais: é dicir que existe unha selección natural. Pero para que poida ter lugar tal selección é necesario que se dea unha superprodución de seres vivos.
Naturalmente, a selección só poderá darse se existen diferenzas nas características dos descendentes dunha mesma especie. Darwin non sabía como se podían dar estas variaións iniciais, xa que non tiña coñecementos sobe xenética. Este enigma solucionouse cando Mendel enunciou as leis sobre como se transmitían as características xeéticas entre os individuos.
En cambio, as variantes favorables que melloran a adaptación ao medio dun ser vivo permiten a súa elección no proceso de selección natural.
Os individuos que sobreviven dan orixe á próxima xeración e deste modo as variacións útiles se trasmiten á devandita xeración e ás subseguintes. Co transcurso de moitos anos de selección natural, os descendentes posteriores poden resultar ben distintos dos seus antecesores; esta diferenza pode ser suficientemente pronunciada como para que llos considere especies separadas.
Así, segundo Darwin, a selección natural constitúese no principal axente do cambio evolutivo.
O NEODARWINISMO
O neodarwinismo, tamén chamado teoría sintética da evolución, é basicamente o intento de fusionar o darwinismo clásico coa xenética moderna, e foi formulado na década do 30 e o 40 (século XX) por científicos tales como G. G. Simpson, Mayr, Huxley,Dobzhansky, Fischer, Sewall Wright, e outros.
Segundo esta teoría os fenómenos evolutivos explícanse básicamente por medio das mutacións (as variacións accidentais de que falaba Darwin) sumadas á acción da selección natural.
Así, a evolución produciríase debido á acumulación de pequenas mutacións favorables, preservadas pola selección natural e por conseguinte, a produción de novas especies (evolución trans específica) non sería nada máis que a extrapolación e magnificación das variacións que acontecen dentro da especies.