A evolución humana ou hominización é o proceso de evolución biolóxica da especie humana dende os seus antecesores ata o estado actual.
O termo humano, no contexto da súa evolución, refírese aos individuos do xénero Homo. Non obstante, os estudos da evolución humana inclúen outros homininos, como Ardipithecus, Australopithecus, etc. Os científicos estimaron que as liñas evolutivas dos seres humanos e dos chimpancés se separaron hai 5 a 7 millóns de anos. A partir desta separación, a estirpe humana seguiu ramificándose, orixinando novas especies, todas extintas actualmente a excepción do Homo sapiens.
As principais especies de omínidos coñecidas ata o de agora son:
Homo habilis
Homo habilis ("home destro"): a esta especie pertencen os primeiros fósiles clasificados dentro do xénero de homínidos. Viviu en África dende fai 2,5 ata 1,5 m.a. A súa capacidade cranial era de 600 centímetros cúbicos e era capaz de fabricar ferramentas de pedra talladas por un só lado. O uso das ferramentas ampliou as súas posibilidades dietéticas.
Homo ergaster
Homo ergaster ("home traballador"): viviu entre fai 1,8 e 1,2 m.a. Cunha capacidade cranial entre 800 e 1000 centímetros cúbicos, fabricaba ferramentas de pedra talladas por ambas as dúas caras. Probablemente, a partir del se orixinaron dúas das primeiras especies de homínidos que se estenderon fóra de África, H. erecture H. antecesor.
Homo erectus
Homo erectus ("home ergueito"): viviu entre fai 1,7 m.a. e 50000 anos. Era forte e robusto, cunha capacidade cranial entre 800 e 1100 centímetros cúbicos. A súa dieta baseábase nos produtos da caza, debendo seguir as súas presas. Saíu de África e ocupou Asia e Europa Oriental. Dominaba o lume.
Homo antecesor
Homo antecesor ("home pioneiro"): viviu entre fai 1,2 m.a. e 300000 anos. A súa capacidade cranial estaba comprendida entre 1000 e 1100 centímetros cúbicos. As súas características (estatura media e complexión grácil, arcos superciliares non excesivamente pronunciados e ausencia de queixo) fano diferente ás outras especies do xénero Homo.
É considerado o primeiro "europeo". Na serra de Atapuerca (Burgos) achouse o depósito de homínidos máis importante de Europa. Os fósiles encontrados teñen unha antigüidade entre 800000 e 400000 anos, aínda que que estivesen xa na península bastante antes.
Homo neanderthalensis
Homo neanderthalensis apareceu en Europa hai 300000 anos, extniguindose fai 28000. Capacidade cranial de 1500 centímetros cúbicos, superior á de H. sapiens. Carecía de queixo, a súa fronte ertaba botada cara atrás e, como os homínidos anteriores, o óso frontal prolongábase sobre os ollos formando un arco superciliar prominente (touro supraorbital). Tiña gran fortaleza física e era un excelente cazador. Fabricaba ferramentas avanzadas, coñecían o lume, coidaban dos anciáns e practicaban enterramentos cerimoniais. Ósos máis robustos que os nosos. Cultura lítica moi perfeccionada.
Homo sapiens
Homo sapiens apareceu durante a última glaciación, hai uns 50000 anos. Os primeiros restos encontráronse en Gales, en 1823, aínda que os máis famosos son os encontrados en 1868 nun lugar chamado Cro-Magnon, na Dordoña (Francia).
Talle máis elevado, ao redor de 165 cm, fronte recta, cara aplanada, sen prognatismo e queixo desenvolvido. Os arcos superciliares desapareceron. A capacidade craniano media é duns 1400 centímetro cúbicos. Os fósiles encontrados presentan un grao de polimorfismo que recordan a diversidade racial actual.
A industria lítica asociada é abundante. Segue habitando en covas, aínda que vive tamén en cabanas que constrúe, dedicándose á caza e á recolección de sementes.
A diferenza fundamental con respecto ao home de Neandertal é a aparición da arte. As pinturas máis antigas datan de hai uns 25000 anos, realizadas normalmente en covas e abrigos, representan numerosos animais salvaxes, con escasas figuras humanas e con gran cantidade de signos abstractos.
Co Neolítico comeza a sedentarización, pois ata entón o ser humano foi basicamente nómade. A modificación prodúcese hai uns 10000 anos, coa domesticación de animais e a agricultura. Iso marca o comezo dunha evolución cultural cada vez máis acelerada.